Saturday 04 de May de 2024

O Concello coloca a primeira estrutura que conecta os barrios de Matogrande e Xuxán


A actuación consistirá na creación dun espazo verde sobre a vía do tre que estará finalizada no derradeiro trimestre do ano

O Concello comezou esta madrugada do martes 22 ao mércores 23 de agosto a creación da primeira conexión peonil entre os barrios de Matrogrande e Xuxán. Os traballos para a execución desta estrutura contan cun orzamento de 1,3 millóns de euros (IVE incluído) e estarán finalizados no último trimestre do 2023.

A actuación desenvolverase en horario nocturno para evitar alteracións no tráfico ferroviario.
O horario de traballo será de 00.00 a 05.00 horas durante as próximas semanas, nas que se colocarán as vigas prefabricadas para a prolongación do túnel situado xunto á rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do colexio Liceo La Paz.
“Durante o goberno da nosa alcaldesa, Inés Rey, levamos acadados grandes avances naurbanización do barrio de Xuxán, no que levamos investidos 11,6 millóns de euros”, sinala Nereida Canosa, concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas. Os traballos desta primeira fase non provocarán ningún tipo de corte ou alteración no tráfico nos barrios de Matogrande e Xuxán.

A nova infraestrutura, composta de vigas prefabricadas, será de 70 metros de longo e osapoios sobre os que se asentará xa están executados. Trátase de vigas en doble ‘T’ de 1,5 metros de canto formigón pretensado sobre os que se executará unha lousa que permita o tránsito peonil entre ambos os barrios.

Unha vez asentada a lousa crearase un espazo verde para uso e gozo da cidadanía.
Ademais de ser o primeiro paso peonil habilitado entre Xuxán e Matogrande, este corredor permitirá reducir a alteración sonora do tren en ambos os barrios. “O Goberno de Inés Rey continúa a executar novas obras nos barrios para mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía e este novo paso entre barrios será un fito histórico para Xuxán e Matogrande”, apunta Nereida Canosa. Tras a creación desta senda peonil está prevista a execución dun paso para o tráfico rodado e ciclista, a altura da rúa Juan Díaz Porlier, e unha saída de pluviais.

Investimento de 11,6 millóns en Xuxán
O Goberno de Inés Rey está executando a urbanización do barrio de Xuxán, que conta cun orzamento de 11,6 millóns de euros. En 2019 chegaron as primeiras persoas residentes ao barrio e desde entón o Concello concedeu 11 licenzas de obra para 832 vivendas, moitas delas xa executadas.

En xaneiro de 2022 comezaron as obras de urbanización. Hoxe, o barrio de Xuxán conta xa cun amplo tramo de carril bici, 4.544 metros cadrados de superficie de céspede e 14.327 metros cadrados de pradeira natural. Plantáronse máis de 1.200 árbores en rúa, 686 árbores en zonas verdes e hai unha superficie de 7.128 metros cadrados de macizos.

Na actualidade, Xuxán conta con oito fontes de auga, 85 papeleiras e 50 bancos. Ademais, en novembro de 2022 abríronse ao público as primeiras zonas recreativas do barrio: unha zona de xogos infantís e un espazo de calistenia e exercicios biosaudables.

Na actualidade estase a traballar na gran praza central do barrio, cunha gran parte da obra xa executada. A superficie, de 12.500 metros cadrados, abrangue unha zona de xogos infantís de 650 metros cadrados e unha gran pércola. e elementos para o exercicio físico.

Será o punto de encontro dos residentes do barrio. na actualidade está executada a práctica totalidade das zonas pavimentadas e axardinadas. Está a ultimarse a instalación da zona de xogos, a gran pérgola e o alumeado que quedarán rematados nas vindeiras semanas.